Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Seminario de literatura galega desde 1936 a 1975
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Haberá unha sesión introdutoria ao conxunto da materia, de dúas horas de duración, con
delimitación dos seus contidos, métodos, probas a realizar, textos que deben ler os alumnos, etc.
Sesión maxistral A docencia centrarase na análise exhaustiva arredor de trece núcleos textuais e autoriais, dos que se irán derivando calas noutras obras e autores adxacentes.
Traballos tutelados Realizaranse comentarios de texto de numerosos fragmentos textuais ou culturais vinculados coas
obras obxecto deste programa. Cada estudante realizará unha exposición na aula sobre un tema acordado co profesor.
Eventos docentes e/ou divulgativos Eventualmente o alumnado poderá acudir a conferencias, recitais, mesa redondas, proxeccións de
filmes, seminarios literarios, representacións teatrais, etc. e deberá realizar un breve resumo por
escrito desta actividade.
Outros Probas e exames, teóricos, prácticos, orais ou escritos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000