Guia docente 2016_17
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Seminario de literaturas e culturas lusófonas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos tutelados Avaliaranse a estrutura, metodoloxía e contidos dun traballo escrito de aproximadamente 12 páxinas con introdución, parte principal, conclusión e bibliografía, seguindo as normas do TFG. Un primeiro borrador enviarase ao profesor en formato Open Office ou Word na primeira semana de decembro. A entrega definitiva do traballo é na primeira semana de xaneiro.
O traballo pode ser redactado en lingua portuguesa ou galega (indicacións específicas para o alumnado Erasmus en "Outros comentarios").
40 A1
A2
A3
A4
C4
C6
C7
C8
C9
C10
C11
C12
C13
D2
D3
D4
D5
Presentacións/exposicións Avaliaranse a estrutura, metodoloxía e contidos dunha exposición oral en lingua portuguesa, de aprox. 20 min., acompañada da documentación correspondente. As exposicións orais realizaranse ao longo dos meses de outubro, novembro e decembro (indicacións específicas para o alumnado Erasmus en "Outros comentarios"). 30 A1
A2
A3
A4
C4
C6
C7
C8
C9
C10
C11
C12
C13
D2
D3
D4
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Avaliarase a calidade das intervencións nas aulas e as realizacións de eventuais exercicios, como tamén a participación noutras actividades da materia. 30 A1
A2
A3
A4
C4
C6
C7
C8
C9
C10
C11
C12
C13
D2
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As clases desta materia impartiranse en lingua portuguesa, podendo as/os estudantes responder en lingua portuguesa ou galega.

A exposición oral debe ser realizada en lingua portuguesa.

Os traballos escritos poden ser redactados en lingua portuguesa ou galega.

Avaliación continua e avaliación única

As/Os estudantes deberán escoller a principio de curso ou un sistema
de avaliación continua (cf. supra) ou un sistema de avaliación única.
Recoméndase optar polo primeiro.

A condición para ser avaliada/o de forma continua será a asistencia regular ás aulas.

Tanto
na avaliación continua como na avaliación única, a copia ou o plaxio
penalizarase cun suspenso (nota numérica: 0) na proba correspondente.

No caso da avaliación única hai que aprobar todos os procedementos avaliadores para poder calcular a media final.

Quen
opte pola avaliación única será avaliada/o ao final do
primeiro período na data indicada no calendario oficial de exames do
centro da seguinte forma:

1. cun exame escrito que abranguerá
todos os contidos fundamentais da materia indicados no dosier que se
distribuirá a principios do cuadrimestre;

2. cun exame oral individual, no cal as/os estudantes deberán debater co profesor temas relacionados coas lecturas obrigatorias.

Cada
unha destas 2 partes da avaliación única contará un 50% da nota final e
será necesario aprobar ambas para poder aprobar toda a materia.

Os mesmos criterios de avaliación única aplicaranse no segundo período das actas (xullo).

A
data do exame de avaliación única (tanto para a parte escrita como para
a oral) é aquela recollida no calendario oficial de exames da FFT.

En
todo caso, recoméndase a asistencia ás aulas e ás titorías e a consulta
regular dos espazos virtuais da materia na plataforma TEMA e no BLOG e
Facebook asociados, mesmo que non se siga o sistema de avaliación
continua.

Aviso importante para o alumnado de intercambio (Erasmus):

O alumnado Erasmus poderá participar nas aulas en lingua castelá e
realizar a exposición oral nesta lingua.

Tamén pode realizar, de forma
excepcional e tras a correspondente consulta co profesor, o traballo
escrito en lingua inglesa, francesa ou alemá.

Con todo, o
alumnado Erasmus debe dispor dun coñecemento pasivo de lingua portuguesa
suficiente para poder ler textos literarios e para poder seguir unha
exposición académica en lingua portuguesa.

Por iso, non se recomenda ao alumnado de intercambio que non teña como
mínimo un nivel de B1 en lingua portuguesa matricularse nesta materia.

O
ensino de literaturas e culturas lusófonas na UVigo diríxese a un
alumnado que ten o galego e/ou o castelán como lingua materna e que
parte de coñecementos históricos e literarios previos destas culturas,
de maneira que a progresión é rápida.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000