Guia docente 2012_13
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
Materias
Seminario de literaturas e culturas lusófonas
Avaliación
Descrición Cualificación
Traballos tutelados Avaliarase un traballo escrito con introdución, parte principal, conclusión e bibliografía, seguindo as normas de estilo e referenciación bibliográfica indicadas polo profesor. Un primeiro borrador enviarase ao profesor en formato Open Office ou Word ata o 1/12/2012. A entrega definitiva do traballo é o 5/1/2013. 30
Eventos docentes e/ou divulgativos Controlarase e avaliarase a asistencia ás actividades programadas. 10
Presentacións/exposicións Avaliarase a estrutura, organización e contido dunha exposición oral de aprox. 20 min., acompañada de referencias bibliográficas. As exposicións orais realizaranse ao longo do mes de decembro. 30
Observación sistemática Avaliarase a frecuencia e calidade da participación activa nas aulas e demais actividades. 30

Outros comentarios sobre a Avaliación

As/Os estudantes deberán escoller a principio de curso ou un sistema de
avaliación continua (cf. supra) ou un sistema de avaliación única. Recoméndase optar
polo primeiro.

No caso da avaliación única hai que aprobar todos os procedementos avaliadores para poder calcular a media final. A copia ou o plaxio penalizarase cun suspenso (nota numérica: 0) na proba correspondente.

É obrigatorio consultar regularmente os espazos virtuais da materia na
plataforma TEMA
e no BLOG asociado.

A condición para ser avaliada/o de forma continua será a asistencia a un
80% das aulas, a non ser que haxa motivos xustificados para unha asistencia lixeiramente
inferior.

Quen opte de forma directa pola
avaliación única será avaliada/o ao final do primeiro período das actas (convocatoria de xaneiro) da seguinte forma:

1. cun exame
escrito que abranguerá todos os contidos fundamentais
da materia;

2. cun
traballo tutelado dun mínimo de 20 páxinas sobre un tema previamente acordado
co profesor e seguindo as normas de redacción e referenciación indicadas por
este;

3. cun exame
oral individual, no cal as/os estudantes deberán debater co profesor temas
previamente acordados.

Cada unha destas 3 partes da avaliación única contará un terzo da nota final. A copia ou o plaxio penalizarase cun suspenso (nota numérica: 0) na proba correspondente.

Os mesmos criterios de avaliación aplicaranse no segundo período das actas.

As datas dos diferentes exames acordaranse co profesor coa antelación
necesaria.

En todo caso, recoméndase a asistencia ás aulas e ás titorías e consultar
regularmente os espazos virtuais da materia na plataforma TEMA
e no BLOG asociado, mesmo
que non se siga o sistema de avaliación continua.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000