Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Seminario de literaturas e culturas lusófonas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Organización interna da materia.
Información bibliográfica.
Introdución ás ferramentas dixitais.
Temas e organización dos traballos tutelados e das exposicións orais.

Sesión maxistral Os principais temas da materia serán introducidos a través dunha serie de exposicións maxistrais por parte do profesor en lingua portuguesa.
Traballos tutelados Cada estudante realiza ao longo do semestre un traballo de proxecto escrito (en lingua portuguesa ou galega), dirixido polo profesor, sobre un tema relacionado coa literatura lusófona.
Eventos docentes e/ou divulgativos Asistencia a conferencias, filmes, seminarios, etc. relacionados cos contidos da materia.
Presentacións/exposicións Cada estudante realizará unha exposición de aproximadamente 20 minutos, e acompañada de documentación bibliográfica, sobre un tema de literatura lusófona acordado co profesor.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Pequenos exercicios distibuídos a seren solucionados de forma autónoma.
Estudo de casos/análises de situacións Realizarase unha serie de sesións dedicadas á análise pormenorizada de textos literarios e/ou outros aspectos culturais específicos da lusofonía.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000