Guia docente 2016_17
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  O español de américa e o español no mundo
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos tutelados O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escrita…
30 A3
C5
D2
Sesión maxistral Avaliaráse mediante a asistencia, a participación activa e a preparación das lecturas previas. 5
Prácticas autónomas a través de TIC Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense a través das TIC de maneira autónoma. 15 A5
C7
D4
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas nas que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
A aplicación desta técnica pode ser presencial e non presencial. Pódense empregar diferentes ferramentas para aplicar esta técnica como, por exemplo, chat, correo, foro, audioconferencia, videoconferencia, etc.
15 C5
C7
D3
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 35 A3
A5
C5
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Na 1ª edición das actas

 os/as alumnos e alumnas poderán elixir entre a avaliación continua e a avaliación única.
De optaren pola avaliación única, terán ata a terceira semana do curso para comunicar esta decisión ás profesoras por correo electrónico. De non efectuarse dita notificación entenderase que se segue a avaliación continua. Por outra banda,
dereito á avaliación continua perderase se non se asiste a un mínimo do 80% das clases, é dicir, só se avaliará con este sistema aos alumnos e as alumnas que asistiran a 38 horas ou máis de clase. O dereito a avaliación continua tamén se perderá se non se entrega o traballo tutelado na data fixada polas profesoras. Pola súa parte, a avaliación única consistirá nun único exame realizado na data oficial marcada pola Facultade. 


- Na 2ª edición das actas, igual que na avaliación única, o alumnado realizará un único exame na data oficial establecida pola Facultade.           
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000