Guia docente 2014_15
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  O español de américa e o español no mundo
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados O traballo tutelado polo profesor será entregado un pouco antes do final do cuadrimestre (a data será fixada de común acordo). Esta tarefa consistirá na análise lingüística dun fragmento oral ou escrito (a elección do alumnado) onde se estudarán a fonética, a morfosintaxe e o léxico deste.
45
Estudos/actividades previos O alumnado ha de entregar uns resumos das lecturas obrigatorias da materia. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado ha de entregar ao profesor os exercicios que lle irá propondo a profesora. 45
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado que desexe acollerse á avaliación continua ECTS deberá asistir polo menos ao 80% das clases presenciais -teóricas e prácticas-. Para superar a materia, deberá realizar todos os traballos e o exame estipulado pola profesora. As prácticas, exercicios propostos e o traballo terán que ser entregados na data establecida. Fóra dese prazo non serán admitidos.

No caso de que non poidan asistir por causas xustificadas deberán falar coa profesora durante os 15 primeros días do curso.

O alumnado estranxeiro de intercambio (Erasmus, Sócrates...) seguirá os mesmos sistemas de avaliación que o alumnado propio.

Tanto nos traballos e actividades que realicen como no exame penalizaranse as faltas de ortografía.

O alumnado terá que facer un exame dos primeiros capítulos do libro de Antonio Quilis: La lengua española en cuatro mundos, Editorial MAPFRE. O traballo tutelado entregarase o 6 de novembro. O examen, que consistirá nun texto do español no mundo, realizarase sobre o 9 de xaneiro de 2015.

O alumnado que non cumpra os requisitos da avaliación continua, que opte pola avaliación única e na 2ª edición das actas, realizará un único exame nas datas oficiais establecidas pola Facultade (xullo). Este consistrá nun exame sobre a materia dada e presentada no programa da asignatura.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000