Guia docente 2014_15
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  O español de américa e o español no mundo
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballos tutelados O alumnado terá que realizar un traballo tutelado pola profesora. Este realizarase ao longo do curso, para que o estudante vaia desenvolvendo os coñecementos adquiridos.
O traballo tutelado consistirá na análise lingüística dun fragmento oral ou escrito (a elección do alumnado) neste han de estudar os niveis fonético, morfosintático e léxico.
Previamente ao traballo tutelado, o alumno realizará exercicios prácticos dos temas da materia.
Estudos/actividades previos Neste punto, o alumnado terá que realizar resumos das lecturas obrigatorias propostas.
Sesión maxistral Exposición por parte da profesora dos contidos da materia obxecto de estudo.
Traballos de aula Desenvolveremos na aula como hai que abordar a análise práctica dos temas dados na teoría. O alumno despois realizará prácticas tanto na aula como con exercicios que ha de entregar á profesora.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000