Código |
Descrición |
A1 |
Dominar a comunicación cos e coas falantes das linguas de estudo no grao, en diferentes contextos sociais, profesionais e culturais, desenvolvendo a capacidade de comprensión e expresión oral e escrita, con tolerancia cara á diversidade social e cultural como resultado de defender os dereitos fundamentais de igualdade social, de xénero, de raza e de orientación sexual, e os valores propios da democracia e a cultura da paz. |
A4 |
Coñecer os métodos básicos do estudo e análise lingüística e literario |
A7 |
Participar en debates e actividades de grupo, e organizalos desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico con respecto ás posicións alleas e á tolerancia cara á diversidade social e cultural que se expresa nas linguas e literaturas en cuestión. |
B2 |
Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou a súa vocación dunha forma profesional, e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar os datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre os temas destacados de índole social, científica ou ética. |