Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Historia da lingua española
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución e defensa por parte do estudante de exercicios sobre varios aspectos dos contidos do programa. Con isto preténdese que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo e obter unha resolución de problemas dentro da súa área de estudo. Avaliarase co 10% da nota. 10 A3
C4
D3
Estudo de casos/análises de situacións Presentación na aula dun traballo/ proxecto dos temas que acordarán o alumnado e o profesor nas actividades introdutorias. Neste apartado o importante é que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. Dita actividade cualificarase cun 40% da nota 40 A3
A4
C8
D2
Probas de resposta longa, de desenvolvemento A proba de resposta longa consistirá na entrega dun traballo onde se reflectirán os coñecementos da Historia da lingua española adquiridos durante o cuadrimestre. Neste exame será moi importante para argumentar os temas e textos obxecto de estudo de acordo coas convencións académicas, servíndose dos recursos bibliográficos e electrónicos dispoñibles. Avaliarase con 50% da nota 50 C4
C6
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na 1ª edición das actas os/as alumnos e alumnas poderán elixir entre a avaliación continua e a avaliación única. De optaren pola avaliación única, terán ata a terceira semana do curso para comunicar esta decisión á profesora por correo electrónico. De non efectuarse dita notificación entenderase que se segue a avaliación continua. Por outro lado, o dereito á avaliación continua perderase se non se asiste a un mínimo do 80% das clases, é dicir, só serán avaliados con este sistema os alumnos e as alumnas que asistiran a 38 horas ou máis de clase. O dereito á avaliación continua perderase tamén se non se realizan as tres probas metodolóxicas arriba expostas, cuxas datas serán acordadas entre a profesora e o alumnado. A proba de resposta longa coincidirá coa data oficial do calendario marcada pola Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000