Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Historia da lingua española
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición na clase a través de textos, resumos dos principais procesos de evolución histórica externa e interna da lingua española. A exposición serán feitas unhas veces pola profesora e outras polos alumnos coa axuda da profesora. Procurarase sempre interacción nas aulas.
Resolución de problemas e/ou exercicios Proposta de comentarios e exercicios prácticos sobre aspectos do contido do curso.
Estudo de casos/análises de situacións Estudo de textos para realizar análises sobre aspectos concretos ou xerais, ben na aula ou ben en casa.
Actividades introdutorias Explicación xeral dos contidos, da avaliación e das propostas de traballo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000