Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Gramática española III
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análises de situacións Esta proba consistirá na resolución dun ou dous casos prácticos que o alumno deberá resolver na casa e entregar para a súa corrección. Deberá entregar un para o tema 2 e outro para o 3. Os contidos destes casos prácticos serán todos aqueles que sexan tratados na aula ou fora dela incluídas as sesión maxistrais e as lecturas. 10 A5
C4
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado deberá entregar dous exercicios (un para o tema 2 e outro para o 3) de resolución de problemas que poderá ser realizado na casa ou na aula para a súa corrección polo profesor. Os contidos destes exercicios serán todos aqueles que sexan tratados na aula ou fora dela incluídas as sesión maxistrais e as lecturas. 10 A5
C4
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Nestas probas propoñerase ao alumno que resolva, sen axuda de material ningún, casos, problemas e exercicios semellantes aos realizados en clase. Os contidos destas probas serán todos aqueles que sexan tratados na aula ou fora dela incluídas as sesión maxistrais e as lecturas. 80 A5
C4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


Farase un exame (tipo proba práctica) a mediados do cuadrimestre e outro o final. Aqueles alumnos que superen algún destes
exames liberarán esta parte da materia e non terán que examinarse dela nin en xaneiro, nin en xullo.
Aqueles que non
alcancen o nivel esixido nun dos dous exames, terán que examinarse só da
parte da materia que non superen. Para aqueles que non realicen ningún
dos exames anteriores haberá un exame nas datas oficiais marcadas polo decanato no
que deberán realizar toda a proba.
Para poder acceder ao 20% da nota, deberase entregar, polo menos, 3 dos
exercicios e estudos de casos propostos ao longo do curso.
En xullo o
exame constitúe o 100% da nota. Deberán facer todo o exame aqueles que
non se presentaron a ningún exame. Os que se presentaron pero non
superaron ningunha parte, tamén deben facer todo o exame. Aqueles que
non superaron só algún dos exames aos que se presentaron durante o curso
só terán que examinarse da parte ou partes non superadas.
Se ben no se fai mención sobre a asistencia as aulas, é
recomendable.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000