Guia docente 2014_15
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Literatura hispanoamericana: Narrativa e ensaio
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula
O alumnado presenta o resultado obtido na elaboración de documentos sobre a temática da materia ou na preparación de seminarios, ensaios ou resumos de lecturas. Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escrita.
20
Proxectos
O alumnado presentará o resultado obtido nos traballos ou proxectos propostos (recollida de información, manexo de bibliografía, resumos críticos, etc.).
20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. O alumnado debe desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos sobre a materia nunha resposta extensa. 30
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos. O alumnado debe dar resposta á actividade formulada aplicando os coñecementos teóricos e amosando a súa capacidade crítica e analítica. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación da materia:

1. Avaliación continua (asistencia obrigatoria ás clases, 80%)

-A nota final da convocatoria de maio resultará da suma das cualificación dos traballos de aula, dos proxectos e dun exame, que terá lugar na última semana do cuadrimestre, que constará dunha proba práctica e probas de resposta longa. O valor, en porcentaxe, de traballos, proxectos e probas aparece na Guía ao lado da descripción das mesmas.

Tendo en conta que se trata dunha avaliación continua e que, polo tanto, ao final do cuadrimestre o alumnado terá que demostrar as competencias adquiridas, para facer media coa calificación de traballos e proyectos a nota do 'exame' terá que alcanzar o aprobado.

Será requisito para aprobar cada unha destas actividades a correcta expresión oral e escrita, o que significa: uso pertinente dos signos de puntuación, corrección ortográfica, orde e claridade na exposición, rigor e redacción persoal (evitando, por suposto, a reproducción de palabras e ideas alleas sen indicar a súa procedencia).

-A nota da convocatoria de xullo resultará dun exame consistente en probas de resposta longa e probas prácticas. Os requisitos anteriores son igualmente procedentes nesta convocatoria.

2.  Avaliación única

As alumnas e alumnos que, por razóns xustificadas, non poidan asistir ás clases e, por isto, lles sexa imposible elixir o procedimento de avaliación continua, terán que realizar, ademais do exame, un traballo, os temas e prazos do cal a profesora lles indicará ao comezo do cuadrimestre. Por esta razón, é imprescindible que se pongan en contacto con ela nese momento.

O valor do traballo será do 30% e o do exame do 70%, sendo preciso aprobar este para sumar a nota do traballo.

Proceden neste caso, igualmente, para aprobar, os requisitos indicados a propósito da avaliación continua.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000