Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Literatura medieval española
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Titoría en grupo 10 A3
A5
C1
C2
C3
C4
C5
D1
D2
D5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento En primeira convocatoria (maio 2015) o alumnado ha de seleccionar un dos dous exames que se proporán: un para quen optase pola avaliación única, que será máis completo e contará un 100% da cualificación final, e outro para quen seguise a avaliación continua. Neste último caso, as probas escritas, contarán un 70% da cualificación. En todo caso, haberá de contestar a dous tipos de preguntas: a) proba práctica: consistente na elaboración dun comentario literario completo dalgunha das obras analizadas nas sesións presenciais e/ou unha ou varias cuestións de carácter práctico acerca de aspectos que o alumnado ha de contemplar sobre un texto literario (análise métrica, retórica, etc.). b) desenvolvemento dun tema, de acordo cos contidos da guía docente expostos e elaborados nas sesións presenciais.
Para aprobar a materia han de superarse ambas as probas (teórica e práctica) do exame.
70 A3
A5
C1
C2
C3
C4
C5
D1
D2
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Nas clases prácticas o alumnado ha de realizar probas obrigatorias consistentes na aplicación de coñecementos sobre un texto literario, ben sexa de contido (para verificar a correcta comprensión das obras de lectura obrigatoria), como de diferentes aspectos expostos nas clases teóricas: métrica, retórica, etc. 20 A3
A5
C1
C2
C3
C4
C5
D1
D2
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

En primeira convocatoria o alumnado ten dereito a elixir entre avaliación continua ou avaliación única, e a cualificación final, así como a tipoloxía das probas, resultará da aplicación do arriba exposto: así, na avaliación única, o exame equivalerá ao 100% da cualificación, en tanto que na avaliación continua, ao 70% resultante do exame haberá de sumarse o 10% de asistencia regular e participativa ás clases teórico-prácticas e outras actividades de docencia presencial, e un 20% a partir dos exercicios escritos realizados nas clases prácticas e recolleitos polo docente para a súa posterior avaliación. Pola contra, para a segunda edición das actas ou 2ª convocatoria (mes de xullo), así como para as posteriores convocatorias extraordinarias, tan só haberá a posibilidade de avaliación única, a través dun exame que combinará probas prácticas (especialmente comentarios literarios de textos extraídos das lecturas obrigatorias) e preguntas de carácter teórico.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000