Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  O teatro da literatura española dos séculos XVI e XVII
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Unha proba, que se realizará ao final do curso e constará de dúas partes:

1. Análise de textos das obras de lectura obrigatoria.
2. Preguntas teóricas que tenten amosar a capacidade crítica do alumnado.
60
Resolución de problemas e/ou exercicios Exposición na aula de diversas cuestións relativas ao temario da materia.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Avaliación continua:

A asistencia a clase debe ser de máis do 80% (o alumnado que falte a 10 horas de clase presencial non poderá ser avaliado dese xeito. Nese caso, o alumno poderá presentarse ao exame final marcado oficialmente polo centro).

As probas de avaliación desenvolveranse nas datas 6 e 7 de maio de 2015.

2. Avaliación única:

O exame final para as persoas que non sigan o sistema de avaliación continua será semellante ao que se establece como Proba de resposta longa, de desenvolvemento.

A data deste exame será o día 11 de maio de 2015.

Para a edición de xullo, o exame será semellante ao que se establece para a avaliación única da convocatoria anterior.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000