Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  O teatro da literatura española dos séculos XVI e XVII
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Unha proba, que se realizará ao final do curso, consistirá en dúas preguntas:
1. Un comentario de texto dunha escea ou dunha xornada completa dunha das obras que figuran como obrigatorias no programa da materia.
2. Unha pregunta teórica que tente amosar a capacidade crítica do alumno. Exemplo: "O compoñente humorístico nas obras de Lope de Vega."
90
Resolución de problemas e/ou exercicios Comentario de texto dunha escea ou dunha xornada completa a metade do curso. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
<p>Terase en consideración, aos efectos de aumentar a cualificación (non máis dun 10% da nota obtida na proba que se realizará ao final do curso), a intervención oral en clase. A mera asistencia non computa na cualificación: simplemente permite seguir a avaliación continua con esas dúas probas.&nbsp;</p><p>A asistencia a clase debe ser, por recomendación da facultade, de máis do 80%: se o alumno faltase a 10 horas de clase presencial non poderá ser avaliado dese xeito. Nese caso, o alumno poderá presentarse ao exame final marcado oficialmente polo centro. &nbsp;</p><p>O exame final para aqueles que non sigan o sistema de avaliación continua será semellante ao que se establece como Proba de resposta longa, de desenvolvemento para os que si o seguen.&nbsp;</p><p>Para a edición de xullo, o exame será semellante ao que se establece como Proba de resposta longa, de desenvolvemento ao final do curso.&nbsp;</p>
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000