Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Fonética e fonoloxía do galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Durante o curso, o docente especificará que actividades prácticas das propostas son avaliables. Especificamente, o estudante deberá entregar nas datas indicadas a transcrición fonética estreita de 4 textos propostos polo docente e o resumo crítico de tres artigos que se indican na "Bibliografía".Tamén se valorará a participación activa na resolución das outras actividades. O alumnado de avaliación única deberán realizar obligatoriamente un "Traballo titorado", para o cal deberán pórse en contacto co profesor. 25 A5
C1
C3
C9
C13
D5
Sesión maxistral Valorarase a asistencia ás clases sempre e cando sexa máis do 80% delas, así como a participación activa nelas. 5 C3
C7
Probas de resposta curta Realizarase unha proba escrita de resposta curta na última semana de clase (provisionalmente o 12 de maio de 2016) sobre os contidos teórico-prácticos da materia. Esta proba pode coincidir no mesmo día que as probas de resposta longa. 30 A5
C1
C3
D5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizarase unha proba escrita con preguntas de resposta longa de tipo comentario e de desenvolvementos sobre os contidos teórico-prácticos da materia na semana última de clase (provisionalmente o 12 de maio de 2016). Esta proba pode coincidir no mesmo día que as probas de resposta curta. 30 A5
C1
C3
C9
C13
D5
Outras Realizarase unha proba oral ó final do cuadrimestre na semana do 16 ó 20 de maio de 2016. Nela o estudante deberá demostrar que domina o estándar fónico galego, sobre todo os trazos fónicos individulizadores. Será necesario superar esta proba para aprobar a materia. 10 C1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous sistemas de avaliación da materia:

a) Avaliación continua, para o alumnado que asista regularmente ás clases presenciais, e realice e entregue as tarefas de avaliación indicadas polo profesor en tempo e forma. A puntuación final obterase da suma das porcentaxes das puntuacións expresadas arriba. De non superar algunha das actividades que se avalían, o profesor poderá mandar repetilas para corrixilas. En todo caso, o/a alumno/a polo menos deberá ter aprobado os apartados de "Probas  de resposta curta" e "Probas de resposta resposta longa"; estes exames escritos realizaranse na última semana de clase (provisionalmente o 12 de maio de 2016) (convocatoria de maio). De non superar a materia en maio, o alumnado deberá realizar un exame escrito na convocatoria oficial de xullo. A final do curso tamén se realizará un exame oral individual, que o alumnado deberá superar para aprobar a materia. Se por causa xustificada algún alumno/a non pode cumprir a condición de asistencia regular ás clases e a entrega das tarefas deberá comunicarllo ó docente, quen poderá habilitar outras actividades compensatorias. No caso de que o/a alumno/a renuncie á avaliación continua ou incumpra as condicións esixidas para  a avaliación continua pasará a ser avaliado polo sistema b) de "Avaliación única".

b) Avaliación única. O alumnado que non opte polo sistema de "avaliación continua", para superar a materia na convocatoria de maio deberá entregar obrigatoriamente un "Traballo tutelado" (20% da nota final) o día do exame escrito e examinarse sobre todos os contidos da materia nun exame escrito final único que se celebrará na última semana de clase (provisionalmente o 12 de maio de 2016), ese mesmo día farase tamén un exame oral (10% da nota). De non superar a materia en maio, o alumnado deberá repetir as partes suspensas na convocatoria de xullo, na data que dispoña a Facultade. O alumno/a deberá superar obrigatoriamente o exame oral para aprobar a materia. O "Traballo titorado" consistirá na gravación, transcrición e comentario dun texto do galego oral. Deberán poñerse en contacto co profesor para máis detalles deste traballo. Os/as alumnos/as que opten por este sistema poderán asistir ás aulas e ser atendidos nas titorías cando o solicitaren.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000