Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Fonética e fonoloxía do galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Durante o curso, o docente especificará que actividades prácticas das propostas son avaliables. Especificamente, o estudante deberá entregar a transcrición fonética estreita de 4 textos propostos polo docente. Tamén se valorará a participación activa na resolución das outras actividades. 15
Traballos tutelados
O profesor proporá ó alumnado a realización dun traballo de investigación guiado, como pode ser a gravación, transcrición e comentario fónético dun texto oral. Valorarase a súa correcta resolución tanto nos contidos coma na presentación do que debe ser un texto académico.
20
Sesión maxistral Valorarase a asistencia ás clases sempre e cando sexa máis do 80% delas. 5
Probas de resposta curta Realizarase unha proba escrita de resposta curta na última semana de clase do cuadrimestre sobre os contidos teórico-prácticos da materia. Esta proba pode coincidir no mesmo día que as probas de resposta longa. 25
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizarase unha proba escrita con preguntas de resposta longa de tipo comentario e de desenvolvementos sobre os contidos teórico-prácticos da materia na última semana de clase do cuadrimestre. Esta proba pode coincidir no mesmo día que as probas de resposta curta. 25
Outras Realizarase unha proba oral ó final do cuadrimestre na que o estudante deberá demostrar que domina o estándar fónico galego, sobre todo os trazos fónicos individulizadores. Será necesario superar esta proba para aprobar a materia. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous sistemas de avaliación da
materia:

a) Avaliación
continua
, para o alumnado que asista regularmente ás clases
presenciais, e realice e entregue as tarefas de avaliación indicadas polo
profesor en tempo e forma. A puntuación final obterase da suma das porcentaxes das puntuacións
expresadas arriba. De non superar algunha das actividades que se avalían, o
profesor poderá mandar repetilas para corrixilas. En todo caso, o/a alumno/a
polo menos deberá ter  aprobado os apartados de "Probas escritas
de resposta longa e curta"; estes exames escritos realizaranse na última
semana de clase (convocatoria de maio).
De non superar esas probas escritas, o alumnado poderá recuperar só as partes
suspensas nun exame escrito na convocatoria
oficial de xullo
. A final do curso tamén se realizará un exame oral
individual, que o alumnado deberá superar para aprobar a materia. Se por causa
xustificada algún alumno/a non pode cumprir a condición de
asistencia regular ás clases e a entrega das tarefas deberá comunicarllo ó docente, quen
poderá habilitar outras actividades compensatorias. No caso de que o/a alumno/a
renuncie á avaliación continua ou incumpra as condicións esixidas para  a
avaliación continua pasará a ser avaliado polo sistema b) de "Avaliación
única".

b) Avaliación
única
. O alumnado que non opte polo sistema de "avaliación
continua", para superar a materia na convocatoria de maio  deberá
entregar o "Traballo tutelado"
(20% da nota final) o día do exame escrito e examinarse sobre todos os contidos
da materia nun exame
final único
que se celebrará na última semana de
clase. Este exame constará de dúas partes: unha escrita (70% da nota final)
e outra oral
(10% da nota final); o
alumno/a deberá superar obrigatoriamente esta última para aprobar a
materia. De non superar este exame, o/a alumno/a deberá volver examinarse
por medio doutro exame final único (escrito e oral), ou no seu caso revisar o "Traballo tutelado", na convocatoria oficial de
xullo na data que dispoña a Facultade. Os/as alumnos/as que opten por este
sistema poderán asistir ás aulas e ser atendidos nas titorías cando o
solicitaren.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000