Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Fonética e fonoloxía do galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Durante o curso, o docente especificará que actividades prácticas das propostas son avaliables. Especificamente, o estudante deberá entregar a transcrición fonética estreita de 4 textos propostos polo docente. Tamén se valorará a participación activa na resolución das outras actividades. 15
Traballos tutelados O profesor proporá un ou varios pequenos traballos de investigación guiados, como poden ser a gravación, transcrición e comentario dun texto oral, cometario de espectogramas... Valorarase a súa correcta resolución tanto nos contidos coma na presentación do que debe ser un texto académico. 20
Sesión maxistral Valorarase a asistencia ás clases sempre e cando sexa máis do 80% delas. 5
Probas de resposta curta Realizaranse unha ou varias probas escritas de resposta curta ó longo do cuadrimestre sobre os contidos teórico-prácticos da materia. Esta proba pode coincidir no mesmo día que as probas de resposta longa. 25
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizaranse unha ou varias probas escritas con preguntas de resposta longa de tipo comentario e de desenvolvementos sobre os contidos teórico-prácticos da materia. Esta proba pode coincidir no mesmo día que as probas de resposta curta. 25
Outras Realizarase unha proba oral na que o estudante deberá demostrar que domina o estándar fónico galego, sobre todo os trazos fónicos individulizadores do galego. Será necesario superar esta proba para aprobar a materia. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous sistemas de avaliación da materia:


a) Avaliación continua, para o alumnado que asista regularmente ás clases presenciais (arredor do 80% de asistencia) e realice e entregue as tarefas de avaliación indicadas polo profesor. A puntuación final obterase da suma das porcentaxes das puntuacións expresadas arriba. De non superar algunha das actividades que se avalían, o profesor poderá mandar repetilas para corrixilas. En todo caso, o alumno polo menos deberá ter  aprobado os apartados de "Probas escritas de resposta longa e curta"; de non superar esas probas escritas, o alumnado poderá recuperar só as partes suspensas nun exame escrito ó final do curso (maio/xuño), ou no seu caso no exame da convocatoria de xullo. A final do curso tamén se realizará un exame oral individual, que o alumnado deberá superar para aprobar a materia. Se por causa xustificada algún alumno/a non pode cumprir a condición de asistencia do 80% deberá comunicarllo ó docente que poderá habilitar outras actividades compensatorias. No caso de que o/a alumno/a renuncie á avaliación continua ou incumpra as condicións esixidas para  a avaliación continua pasará a ser avaliado polo sistema b) de "Avaliación única".


b) Avaliación única. O alumnado que non opte polo sistema de "avaliación continua", para superar a materia deberá examinarse sobre todos os contidos da materia cun exame final único na convocatoria de maio/xuño, na data que dispoña a Facultade. Este exame constará de dúas partes: unha escrita e outra oral; o alumno/a deberá superar obrigatoriamente esta última para aprobar a materia. De non superar este exame, o/a alumno/a deberá volver examinarse por medio doutro exame final único (escrito e oral) na convocatoria oficial de xullo na data que dispoña a Facultade. Os/as alumnos/as que opten por este sistema poderán asistir ás aulas e ser atendidos nas titorías cando o solicitaren.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000