Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Fonética e fonoloxía do galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios O docente entregará actividades en que se formulan problemas e /ou exercicios relacionados cos contidos da materia, que complementan as leccións maxistrais. Préstase unha especial atención á transcrición e ó comentario fonéticos de textos de diferente tipo e rexistro. Naqueles casos en que o profesor entregue previamente os exercicios, recoméndase que o/a alumno/a os traia traballados.
Traballos tutelados Son as horas que os/as alumnos/as dedicarán a realizar un traballo de investigación guiado polo docente, quen asesorará tanto sobre a forma coma sobre o contido. Este traballo poderá versar sobre a gravación, transcrición e comentario fónico dun texto oral galego. É obrigatoria a súa realización tanto para o alumnado de "Avaliación continua" coma de "Avaliación única".
Actividades introdutorias Son actividades encamiñadas a tomar contacto co alumnado para expoñer os obxectivos, as principais tarefas do curso e a bibliografía da materia.
Eventos docentes e/ou divulgativos Son horas dedicadas polo alumnado a acudir a conferencias, charlas, exposicións, mesas redondas, debates etc. realizados por relatores/as de prestixio, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia.
Sesión maxistral Son as horas que o docente dedica a expoñer os contidos da materia e as directrices e bases teóricas dos traballos, exercicios, comentarios e transcricións fonéticas que deberá facer o alumnado. Recoméndase que cando o profesor facilite por adiantado fotocopias ou outro material o alumnado traia previamente traballado ese material.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000