I. A análise fonética e fonolóxica do galego |
1. Fonética e Fonoloxía: definición e caracterización. Sons, fonemas e grafías. A transcrición dos sons: os alfabetos fonéticos (AFI e RFE).
2. Fonética da lingua galega. Subdisciplinas: fonética acústica (a resonancia, a duración, a frecuencia, os formantes, os espectogramas...), fonética articulatoria (o aparello fonador, a produción de voz...) e fonética auditiva. Descrición articulatoria e acústica dos sons lingüísticos do galego.
3. Fonoloxía estrutural da lingua galega. Os fonemas. Delimitación e definición. Segmentación e conmutación. Oposición e trazos distintivos. Neutralización e arquifonemas. |
II. O sistema vocálico |
1. A posición tónica: fonemas e realizacións. Contextos en que aparece /E, e, O, o/. Fenómenos de variación e interferencia.
2. A posición átona. As vogais pretónicas /E, O/. A realización das vogais en posición átona final. Fenómenos de variación: de modificación, de adición e de supresión. |
IV. O sistema consonántico |
1. Estrutura do sistema do galego común e outros sistemas.
2. Fenómenos de variación nas consoantes oclusivas (os grupos cultos, a gheada), nas sibilantes (o seseo, o rotacismo, a aspiración), nas nasais, nas líquidas (o ieísmo), nas vibrantes (metátese).
|