Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Gramática galega II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Durante o curso, o docente especificará que actividades prácticas das propostas son avaliables. Especificamente, o estudante deberá entregar a análise sintáctica de 4 textos propostos polo profesorado e o resumo crítico de tres artigos que se destacan na "Bibliografía". Tamén se valorará a participación activa na resolución das outras actividades. 25 A5
C4
C5
C8
C9
C13
D5
Presentacións/exposicións Cada estudante preparará por escrito e expoñerá oralmente un ou varios temas relacionados con contidos da materia, que previamente concretará co docente. 10 A5
C6
C7
C9
C13
D5
Sesión maxistral Valorarase a asistencia ás clases maxistrais, sempre e cando sexa máis do 80% delas así como a participación nelas. 5 A3
C7
C8
D3
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizarase unha única proba escrita sobre os contidos teórico-prácticos da materia na última semana do curso (provisionalmente o día 10 de maio de 2016) 60 A3
C4
C5
C6
C8
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous sistemas de avaliación da materia:

a) Avaliación continua, para o alumnado que asista regularmente ás clases presenciais, e realice e entregue as tarefas de avaliación indicadas polo profesor en tempo e forma. A puntuación final obterase da suma das porcentaxes das puntuacións expresadas arriba. De non superar algunha das actividades que se avalían, o profesor poderá mandar repetilas. En todo caso, na convocatoria de maio, o alumno polo menos deberá ter aprobado o apartado "Probas de resposta longa, de desenvolvemento", exame que se realizará na última semana de clase (provisionalmente o 10 de maio de 2016); de non superar esas probas escritas, o alumnado deberá examinarse dun exame escrito na convocatoria oficial de xullo. Se por causa xustificada algún alumno/a non pode cumprir a condición de asistencia ás clases e a entrega en tempo das tarefas, deberá comunicarllo ó docente, quen poderá habilitar outras actividades compensatorias. No caso de que o/a alumno/a renuncie á avaliación continua ou incumpra as condicións esixidas pasará a ser avaliado polo sistema b) de "Avaliación única".

b) Avaliación única. O alumnado que non opte polo sistema de "avaliación continua", para superar a materia na convocatoria de maio deberá examinarse sobre todos os contidos da materia nun exame final único escrito que se realizará na última semana de clase (provisionalmente o 10 de maio de 2015). En caso de non superar ese exame, o/a alumno/a deberá volver examinarse por medio doutro exame escrito na convocatoria de xullo na data que dispoña a Facultade. Os/as alumnos/as que opten por este sistema poderán asistir ás aulas e ser atendidos nas titorías cando o solicitaren.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000