Presentacións/exposicións |
Cada estudante preparará por escrito e expoñerá oralmente un ou varios temas relacionados con contidos da materia, que previamente concretará co docente. |
10 |
A5
|
|
C6 C7 C9 C13
|
D5
|
Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Realizarase unha única proba escrita sobre os contidos teórico-prácticos da materia na última semana do curso (provisionalmente o día 10 de maio de 2016) |
60 |
A3
|
|
C4 C5 C6 C8
|
D3
|
Existen dous sistemas de avaliación da materia: a) Avaliación continua, para o alumnado que asista regularmente ás clases presenciais, e realice e entregue as tarefas de avaliación indicadas polo profesor en tempo e forma. A puntuación final obterase da suma das porcentaxes das puntuacións expresadas arriba. De non superar algunha das actividades que se avalían, o profesor poderá mandar repetilas. En todo caso, na convocatoria de maio, o alumno polo menos deberá ter aprobado o apartado "Probas de resposta longa, de desenvolvemento", exame que se realizará na última semana de clase (provisionalmente o 10 de maio de 2016); de non superar esas probas escritas, o alumnado deberá examinarse dun exame escrito na convocatoria oficial de xullo. Se por causa xustificada algún alumno/a non pode cumprir a condición de asistencia ás clases e a entrega en tempo das tarefas, deberá comunicarllo ó docente, quen poderá habilitar outras actividades compensatorias. No caso de que o/a alumno/a renuncie á avaliación continua ou incumpra as condicións esixidas pasará a ser avaliado polo sistema b) de "Avaliación única". b) Avaliación única. O alumnado que non opte polo sistema de "avaliación continua", para superar a materia na convocatoria de maio deberá examinarse sobre todos os contidos da materia nun exame final único escrito que se realizará na última semana de clase (provisionalmente o 10 de maio de 2015). En caso de non superar ese exame, o/a alumno/a deberá volver examinarse por medio doutro exame escrito na convocatoria de xullo na data que dispoña a Facultade. Os/as alumnos/as que opten por este sistema poderán asistir ás aulas e ser atendidos nas titorías cando o solicitaren. |