Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Gramática galega II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Durante o curso, o docente especificará que actividades prácticas das propostas son avaliables. Especificamente, o estudante deberá entregar a análise sintáctica de 5 textos propostos polo profesorado. Tamén se valorará a participación activa na resolución das outras actividades. 25
Presentacións/exposicións Cada estudante preparará por escrito e expoñerá oralmente un ou varios temas relacionados cos contidos da materia, que previamente concretará co docente. 10
Sesión maxistral Valorarase a asistencia ás clases maxistrais, sempre e cando sexa máis do 80% delas. 5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizarase unha única proba escrita na última semana do curso (5 a 9 de maio de 2014) sobre os contidos teórico-prácticos da materia. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous sistemas de avaliación da materia:


a) Avaliación continua, para o alumnado que asista regularmente ás clases presenciais, e realice e entregue as tarefas de avaliación indicadas polo profesor en tempo e forma. A puntuación final obterase da suma das porcentaxes das puntuacións expresadas arriba. De non superar algunha das actividades que se avalían, o profesor poderá mandar repetilas. En todo caso, na convocatoria de maio, o alumno polo menos deberá ter  aprobado o apartado "Probas escritas de resposta longa", exame que se realizará na última semana de clase (5 a 9 de maio de 2014) ; de non superar esas probas escritas, o alumnado deberá examinarse dun exame escrito na convocatoria oficial de xullo. Se por causa xustificada algún alumno/a non pode cumprir a condición de asistencia ás clases e a entrega en tempo das tarefas, deberá comunicarllo ó docente, quen poderá habilitar outras actividades compensatorias. No caso de que o/a alumno/a renuncie á avaliación continua ou incumpra as condicións esixidas pasará a ser avaliado polo sistema b) de "Avaliación única".


b) Avaliación única. O alumnado que non opte polo sistema de "avaliación continua", para superar a materia na convocatoria de maio deberá examinarse sobre todos os contidos da materia nun exame final único escrito que se se realizará na última semana de clase (5 a 9 de maio de 2014) . En caso de non superar ese exame, o/a alumno/a deberá volver examinarse por medio doutro exame escrito na convocatoria de xullo na data que dispoña a Facultade. Os/as alumnos/as que opten por este sistema poderán asistir ás aulas e ser atendidos nas titorías cando o solicitaren.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000