Guia docente 2012_13
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Gramática galega II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Durante o curso, o docente especificará que actividades prácticas das propostas son avaliables. Especificamente, o estudante deberá entregar a análise sintáctica de 5 textos propostos polo profesorado. Tamén se valorará a participación activa na resolución das outras actividades. 20
Presentacións/exposicións Cada estudante preparará por escrito e expoñerá oralmente un ou varios temas relacionados cos contidos da materia, que previamente concretará co docente. 15
Sesión maxistral Valorarase a asistencia ás clases maxistrais, sempre e cando sexa máis do 80% delas. 5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizarase unha única proba escrita na última semana do curso sobre os contidos teórico-prácticos da materia. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous sistemas de avaliación da materia:

a)
Avaliación continua,
para o alumnado que asista regularmente ás clases presenciais, e realice e
entregue as tarefas de avaliación indicadas polo profesor en tempo e forma. A
puntuación final obterase da suma das porcentaxes das puntuacións expresadas
arriba. De non superar algunha das actividades que se avalían, o profesor
poderá mandar repetilas. En todo caso, na
convocatoria de maio
, o alumno polo menos deberá ter  aprobado o
apartado "Probas escritas de resposta longa", exame que se
realizará na última semana de clase; de non superar esas probas escritas, o
alumnado poderá recuperalo nun exame escrito na convocatoria oficial de xullo. Se por causa xustificada algún
alumno/a non pode cumprir a condición de asistencia ás clases e a entrega en tempo das tarefas, deberá
comunicarllo ó docente, quen poderá habilitar outras actividades
compensatorias. No caso de que o/a alumno/a renuncie á avaliación continua ou
incumpra as condicións esixidas pasará a ser avaliado polo sistema b) de
"Avaliación única".



b) Avaliación única. O
alumnado que non opte polo sistema de "avaliación
continua", para superar a materia na convocatoria de maio deberá examinarse sobre todos os contidos da
materia nun exame
final único escrito
 que se celebrará na última semana de clases. En caso de non superar ese exame, o/a alumno/a poderá volver examinarse
por medio doutro exame escrito na
convocatoria de xullo
na data que dispoña a Facultade. Os/as alumnos/as que
opten por este sistema poderán asistir ás aulas e ser atendidos nas titorías
cando o solicitaren.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000