Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Gramática galega II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Durante o curso, o docente especificará que actividades prácticas das propostas son avaliables. Especificamente, o estudante deberá entregar a análise sintáctica de 5 textos propostos polo profesorado. Tamén se valorará a participación activa na resolución das outras actividades. 20
Presentacións/exposicións Cada estudante preparará por escrito e expoñerá oralmente un ou varios temas relacionados cos contidos da materia, que previamente concretará co docente. 15
Debates Valorarase a participación e a exposición, argumentada e razoada, do alumnado nos temas que se propoñan. 10
Sesión maxistral Valorarase a asistencia ás clases maxistrais, sempre e cando sexa máis do 80% delas. 5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizaranse unha única proba escrita na última semana do curso sobre os contidos teórico-prácticos da materia. De acordo co alumnado, existe tamén a posibilidade de que o docente divida esta proba única en dúas probas parciais, que se realizarían a mediados e a final do cuadrimestre. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous sistemas de avaliación da materia:


a) Avaliación continua, para o alumnado que asista regularmente ás clases presenciais (arredor do 80% de asistencia) e realice e entregue as tarefas de avaliación indicadas polo profesor. A puntuación final obterase da suma das porcentaxes das puntuacións expresadas arriba. De non superar algunha das actividades que se avalían, o profesor poderá mandar repetilas. En todo caso, o alumno polo menos deberá ter  aprobado o apartado "Probas escritas de resposta longa"; de non superar esas probas escritas, o alumnado poderá recuperar só as partes suspensas nun exame escrito ó final do curso (maio/xuño), ou no seu caso no exame da convocatoria de xullo. Se por causa xustificada algún alumno/a non pode cumprir a condición do 80% deberá comunicarllo ó docente que poderá habilitar outras actividades compensatorias. No caso de que o/a alumno/a renuncie á avaliación continua ou incumpra as condicións esixidas para a avaliación continua pasará a ser avaliado polo sistema b) de "Avaliación única".


b) Avaliación única. O alumnado que non opte polo sistema de "avaliación continua", para superar a materia deberá examinarse sobre todos os contidos da materia cun exame final único escrito na convocatoria de maio/xuño, na data que dispoña a Facultade. En caso de non superar ese exame, o/a alumno/a poderá volver examinarse por medio doutro exame escrito na convocatoria de xullo na data que dispoña a Facultade. Os/as alumnos/as que opten por este sistema poderán asistir ás aulas e ser atendidos nas titorías cando o solicitaren.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000