Presentacións/exposicións |
Refírense ás exposicións orais por parte do alumnado ante o docente e/ou o grupo de estudantes dun tema sobre os contidos da materia que deberán preparar e redactar por escrito, a partir da lectura da bibliografía que se indique. |
Eventos docentes e/ou divulgativos |
Refírese a conferencias, charlas, exposicións, mesas redondas, debates... realizados por poñentes de prestixio, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia. |
Sesión maxistral |
Son ás horas que o docente dedicará a expoñer contidos da materia e as directrices e bases teóricas dos traballos, exercicios ou análises sintácticas que deberá facer o alumnado. Recoméndase que cando o profesor facilite por adiantado fotocopias ou outro material o alumnado leve previamente traballado ese material. |