Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Gramática galega II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios Refírese ás actividades en que se formulan problemas e /ou exercicios relacionados cos contidos da materia, que complementan as leccións maxistrais. Préstase especial atención á análise sintáctica de textos en árbore e ó comentario gramatical razoado e argumentado de contrucións sintácticas problemáticas en canto á súa interpretación. Naqueles casos en que o profesor entregue previamente os exercicios, recoméndase que o/a alumno/a os traia traballados.
Presentacións/exposicións Refírense ás exposicións orais por parte do alumnado ante o docente e/ou o grupo de estudantes dun tema sobre os contidos da materia que deberán preparar e redactar por escrito, a partir da lectura da bibliografía que se indique.
Eventos docentes e/ou divulgativos Refírese a conferencias, charlas, exposicións, mesas redondas, debates... realizados por poñentes de prestixio, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia.
Sesión maxistral Son ás horas que o docente dedicará a expoñer contidos da materia e as directrices e bases teóricas dos traballos, exercicios ou análises sintácticas que deberá facer o alumnado. Recoméndase que cando o profesor facilite por adiantado fotocopias ou outro material o alumnado leve previamente traballado ese material.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000