Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Gramática galega II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios Refírese ás actividades en que se formulan problemas e /ou exercicios relacionados cos contidos da materia, que complementan as leccións maxistrais. Préstase unha especial atención á análise sintáctica de textos en árbore e ó comentario gramatical razoado e argumentado de contrucións sintácticas problemáticas en canto á súa interpretación. Naqueles casos en que o profesor entregue previamente os exercicios, recoméndase que o/a alumno/a os traia traballados.
Presentacións/exposicións Refírense ás exposicións orais por parte do alumnado ante o docente e/ou o grupo de estudantes dun tema sobre os contidos da materia que deberán preparar e redactar por escrito, a partir da lectura da bibliografía que se indique.
Eventos docentes e/ou divulgativos Refírese a conferencias, charlas, exposicións, mesas redondas, debates... realizados por poñentes de prestixio, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia.
Debates Refírese ás charlas entre un grupo de estudantes sobre un tema dos contidos da materia, os resultados dun traballo, unha lectura, unha análise sintáctica... proposta polo profesor e previamente preparada polo alumnado.
Sesión maxistral Refírese ás horas que o docente dedicará a expoñer os contidos da materia e as directrices e bases teóricas dos traballos, exercicios ou análises sintácticas que deberá facer o alumnado. Recoméndase que cando o profesor facilite por adiantado fotocopias ou outro material o alumnado leve previamente traballado ese material.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000