Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Gramática galega II
   Contidos
Tema Subtema
1. A sintaxe: definición e relación con outras disciplinas gramaticais. Obxecto de estudo. Unidades e relacións sintácticas. Funcións sintácticas, semánticas e informativas. Bibliografía de sintaxe do galego.
2. A cláusula: caracterización e clasificación. O concepto de "valencia". O verbo como núcleo-PREDICADO da cláusula. Niveis de complementación: argumentos, adxuntos e elementos periféricos. Estrutura funcional da cláusula: SUX, CD, CI, CPREP, CADV; CCIRC; PVO, ATRIB. O pronome persoal átono. Clasificación das cláusulas: atributivas e predicativas; activas, pasivas, impersoais e medias; simples e complexas; independentes, dependentes e coconstituíntes; flexionadas e non flexionadas. Construcións particulares de sintaxe galega na cláusula.
3. A frase: caracterización e clasificación. A frase nominal: estrutura e funcións. O NUC substantivo: a frase substantiva. Os determinantes e os modificadores (argumentais / adxuntos; especificativos / explicativos; relacionais / cualificativos; a aposición). Posición e xerarquía dos determinantes e dos modificadores na frase en galego. Estrutura e funcións dos outros tipos de frase (adxectiva, adverbial e prepositiva). Contrucións frásticas particulares do galego.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000