1. A sintaxe: definición e relación con outras disciplinas gramaticais. |
Obxecto de estudo. As unidades sintácticas: palabra, frase, cláusula e oración. As relacións sintácticas: conexións (coordinación, subordinación e interordinación) e funcións (sintácticas, semánticas e informativas). A análise sintáctica. Bibliografía de sintaxe do galego. |
2. A cláusula: caracterización e clasificación. |
O concepto de "valencia". O verbo como núcleo-PREDICADO da cláusula. Os seus niveis de complementación: argumentos, adxuntos e elementos periféricos. As marcas de función sintáctica: SUX, CD, CI, CPREP, CADV; CCIRC; PVO, ATRIB. Clasificación das cláusulas: atributivas e predicativas; activas, pasivas, impersoais e medias; simples e complexas; independentes, dependentes e coconstituíntes; flexionadas e non flexionadas (de infinitivo, xerundio e participio). Construcións particulares de sintaxe galega na cláusula. |