Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Gramática galega I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Presentacións individuais sobre un tema proposto polo profesor. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame ó final do cuadrimestre dos contidos da materia. 60
Traballos e proxectos Traballo, que se entregará ó final do cuadrimestre, sobre algún aspecto do temario. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno poderá escoller entre avaliación única ou continua. A avaliación única consistirá nun exame de toda a materia ó final do cuadrimestre, a el poden presentarse tanto os que opten pola avaliación única coma os que incumpran as condicións esixidas para a avaliación continua.


A avaliación única e a continua son excluíntes. Calquera estudante que suspenda a avaliación continua non se pode presentar á avaliación única e viceversa.


Na convocatoria de xullo haberá un exame final de toda a materia e, nesta convocatoria, os alumnos de avaliación continua que non superaron a primeira convocatoria realizarán un exame na data que determine a facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000