Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Gramática galega I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Presentacións/exposicións O docente guiará aos alumnos na presentación e exposición de traballos relacionados cos contidos do temario, resolverá as dúbidas que poidan xurdir e indicará as posibles melloras que a presentación do discente deba observar.
Prácticas autónomas a través de TIC O docente servirase da plataforma TEMA para facilitarlles aos alumnos a realización de prácticas de segmentación e análise morfolóxica, lecturas, entrega de exercicios varios, comentarios e foros de opinión verbo dos contidos do curso.
Traballos de aula O docente facilitará aos discentes exercicios relacionados coa análise morfolóxica e coa segmentación de unidades así coma a resolución de problemas sobre diversas cuestións do temario.
Resolución de problemas e/ou exercicios
O docente propoñerálles aos alumnos diversos tipos de problemas e exercicios cada quince días para revisar e resolver cuestións relacionadas cos contidos da materia.
Sesión maxistral O docente expoñerá nas clases os contidos do programa valéndose de explicacións, apuntamentos, textos de apoio e diapositivas Powerpoint. Facilitará ao discente a recollida de material, o comentario e resolución de dúbidas así como a participación e debate dos discentes arredor de diferentes cuestións que lle afecten á materia de gramática galega no tocante á súa morfoloxía.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000