Prácticas autónomas a través de TIC |
O docente servirase da plataforma TEMA para facilitarlles aos alumnos a realización de prácticas de segmentación e análise morfolóxica, lecturas, entrega de exercicios varios, comentarios e foros de opinión verbo dos contidos do curso. |
Sesión maxistral |
O docente expoñerá nas clases os contidos do programa valéndose de explicacións, apuntamentos, textos de apoio e diapositivas Powerpoint. Facilitará ao discente a recollida de material, o comentario e resolución de dúbidas así como a participación e debate dos discentes arredor de diferentes cuestións que lle afecten á materia de gramática galega no tocante á súa morfoloxía. |