Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Sociolingüística e planificación lingüística do galego e do español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Asistencia, seguimento e participación activa nas clases teóricas. 10
Estudo de casos/análises de situacións Análise e valoración escritas do caso estudado previamente na clase. 30
Traballos de aula Realización de diversas actividades orais e/ou escritas ao longo do curso. 10
Presentacións/exposicións Exposicións orais de lecturas ou temas previamente encargados polo/a docente. 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizarase ao final do curso unha proba para avaliación das competencias adquiridas que incluirá preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 20
Probas de resposta curta Realizarase, tamén ao final do curso, unha proba destinada á avaliación das competencias adquiridas, que constará de preguntas directas sobre aspectos concretos. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1ª edición das actas

O alumnado poderá escoller entre dous
sistemas de avaliación, continua e única. Deberá confirmar explicitamente por
cal das dúas opta nas dúas semanas iniciais do cuadrimestre.

a) Avaliación continua: condicións

É condición indispensable para ter
dereito a ser avaliada/o nesta modalidade asistir a un 80% das clases, como
mínimo. Unha ausencia da aula durante 15 minutos ou máis equivale á 'non
asistencia' a esa sesión. Estas condicións non serán modificadas baixo ningún
concepto.

Para poder entrar nesta modalidade é
condición sine qua non terse presentado ou ter entregado cando menos unha das actividades
correspondentes ás diversas metodoloxías de avaliación. Isto é,
non será avaliada/o quen non se someta á avaliación dalgunha das metodoloxías descritas nesta páxina.

O incumprimento das condicións da
avaliación continua (asistencia etc.) implicará o paso automático á avaliación
única.

O plaxio
ou a copia suporá a non cualificación do exercicio, traballo, práctica etc.

Para superar a materia é indispensable aprobar o exame (isto é, obter un 5 sobre 10, como mínimo) e ter entregados nos plazos establecidos os traballos e prácticas dos restantes apartados da avaliación.

b) Avaliación única: condicións

O alumnado que opte pola avaliación única ou o alumnado que incumpra as
condicións esixidas para a avaliación continua (p.ex. asistencia a menos
do 80% das clases), deberá superar presentar un traballo escrito e realizar un exame final escrito. Para superar a materia deberase aprobar (isto é, obter unha nota igual ou superior a 5 sobre 10) as dúas probas. A cualificación na
modalidade de avaliación única repartirase do xeito seguinte:

-Presentación dun
traballo escrito previamente establecido, acordado coa docente: 25%

-Exame escrito (preguntas de resposta curta e de desenvolvemento): 75%

Convocatoria de xullo (2ª edición das actas)

No caso do alumnado en réxime de avaliación continua que non teña superado a materia na primeira convocatoria, na segunda convocatoria (xullo) manteranse todas as puntuacións iguais ou superiores a 5 obtidas ao longo do curso. Estas sumaranse ás puntuacións acadadas nas dúas probas finais (de resposta curta e de desenvolvemento), que se deberán realizar de novo en calquera caso. Ademais, o alumnado nesta situación deberá de repetir ou realizar as actividades individuais que lle quedasen pendentes na anterior convocatoria.

No caso de alumnado en réxime de avaliación única ou que se presente por primeira vez, a cualificación repartirase da seguinte maneira:

-Presentación dun
traballo escrito previamente establecido, acordado coa docente: 25%

-Exame escrito (preguntas de resposta curta e de desenvolvemento): 75%

Para superar a materia deberase obter unha nota de aprobado (isto é, igual ou superior a 5 sobre 10) nas dúas probas.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000