Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Sociolingüística e planificación lingüística do galego e do español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Asistencia, seguimento e participación activa nas clases teóricas. 10
Estudo de casos/análises de situacións
Análise e valoración escritas do caso estudado previamente na clase.
25
Traballos de aula
Realización de diversas actividades orais e/ou escritas ao longo do curso.
20
Presentacións/exposicións
Exposicións orais de lecturas ou temas previamente encargados polo profesor
5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizarase, tamén ao final do curso, outra proba para avaliación das competencias adquiridas que incluirá preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 20
Probas de resposta curta Realizarase ao final do curso unha proba destinada á avaliación das competencias adquiridas, que constará de preguntas directas sobre aspectos concretos. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

No inicio do curso, cada alumna e alumno debe elixir entre o sistema de avaliación continua ou o sistema de avaliación única.

1. Avaliación continua

1.1. O alumnado que opte pola avaliación continua deberá asistir, como mínimo, ao 80% das clases.

1.2. Na segunda convocatoria (xullo), manteranse todas as puntuacións obtidas polo alumnado ao longo do curso. Estas sumaranse ás puntuacións acadadas nas dúas probas finais (de resposta curta e de desenvolvemento), que se deberán realizar de novo en calquera caso. Ademais, o alumnado terá a opción de repetir ou realizar as actividades individuais que lle quedasen pendentes.

2. Avaliación única
O alumnado que opte pola avaliación única ou o alumnado que incumpra as condicións esixidas para a avaliación continua (p.ex. asistencia a menos do 80% das clases), deberá superar un exame final escrito en calquera das convocatorias.

O exame (primeira convocatoria) levarase a cabo na última semana do cuadrimestre.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000