Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Sociolingüística e planificación lingüística do galego e do español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Asistencia, seguimento e participación activa nas clases teóricas. 10
Seminarios Elaboración dun informe escrito dos temas tratados nos seminarios e completados e ampliados posteriormente polo alumnado. 10
Presentacións/exposicións Exposicións orais de lecturas ou temas previamente encargados polo profesor 10
Traballos de aula Realización de diversas actividades orais e/ou escritas ao longo do curso. 10
Estudo de casos/análises de situacións Análise e valoración escritas do caso estudado previamente na clase. 10
Debates Preparación e participación activa e fundamentada nos diversos debates que se leven a cabo. 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizarase, tamén ao final do curso, outra proba para avaliación das competencias adquiridas que incluirá preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 20
Probas de resposta curta Realizarase ao final do curso unha proba destinada á avaliación das competencias adquiridas, que constará de preguntas directas sobre aspectos concretos. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os discentes teñen que elixir ó comezo do curso entre un sistema de avaliación continua ou de avaliación única. Aqueles que escollan a avaliación continua, deberán asistir, como mínimo, ó 80% das clases.

Na segunda convocatoria, manteranse todas as puntuacións obtidas polo alumnado ao longo do curso, que se sumarán ás puntuacións acadadas nas dúas probas finais (de resposta curta e de desenvolvemento), que se deberán realizar de novo en calquera caso. Ademais, o alumnado terá a opción de repetir ou realizar as actividades individuais que lle quedasen pendentes.

Os discentes que elixan a avaliación única ou os que incumpran as condicións esixidas para a avaliación continua, terán que superar un único exame en calquera das convocatorias.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000