Sesión maxistral |
Valorarase a asistencia a clase así como a participación en debates e comentarios de textos e ideas. |
7 |
Eventos docentes e/ou divulgativos |
Valorarase a asistencia a conferencias, recitais, representacións teatrais, proxeccións cinematográficas, seminarios, etc., recomendados polo profesor. |
17 |
Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
O alumnado realizará unha ou dúas probas de resposta longa durante o cuadrimestre consistente no desenvolvemento dun comentario ou temas con amplitude de detalles e profundidade expositiva. |
26 |

A nota final establecerase en base á lectura e recoñecemento dos textos que forman parte do programa, así como do comentario e análise destes textos. As probas a realizar para tal fin poderán ser escritas e/ou orais.

Será preciso obter unha puntuación suficiente en cada un dos apartados mencionados (recoñecemento de textos, análise e comentario de textos) para establecer a nota media final.

O alumnado que non participe no desenvolvemento diario da materia poderá presentarse a un exame final, ao que deberá concorrer cos traballos de comprobación de lectura dos libros de lectura obrigatoria, e que estará dividido en tres partes:

1. Recoñecemento de textos. 20%

2. Preguntas breves con resposta curta. 40%

3. Grandes epígrafes para resposta longa e desenvolvemento. 40%

Será preciso obter unha nota de suficiente en todas e cada unha destas probas para establecer a nota media final.

O alumnado que suspenda a avaliación continuada presentarase a un exame no mes de xullo, ao que deberá concorrer, igualmente, cos traballos de comprobación de lectura dos libros de lectura obrigatoria (ou aqueles que non entregasen previamente durante o desenvolvemento normal do curso), no que será avaliado en base a:

1. Recoñecemento de textos. 20%

2. Preguntas breves con resposta curta. 40%

3. Grandes epígrafes para resposta longa e desenvolvemento. 40%

Será preciso obter unha nota de suficiente en todas e cada unha destas probas para establecer a nota media final.