Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Seminario de literatura galega desde 1900 ata 1936
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Haberá unha sesión introdutoria ao conxunto da materia, de dúas horas de duración, con delimitación dos seus contidos, métodos, probas a realizar, textos que deben ler os alumnos , etc.
Sesión maxistral A docencia centrarase na análise exhaustiva arredor de catro núcleos textuais e autoriais, dos que se irán derivando calas noutras obras e autores adxacentes:
1. Teoría do nacionalismo galego de Vicente Risco.
2. Arredor de si de Ramón Otero Pedrayo.
3. Poemas de si e non de Álvaro Cunqueiro.
4. A fiestra valdeira de Rafael Dieste fronte a Os vellos non deben de namorarse de Castelao.
Obradoiros Realizaranse comentarios de texto de numerosos fragmentos textuais ou culturais vinculados coas obras obxecto deste programa.
Eventos docentes e/ou divulgativos Eventualmente o alumnado poderá acudir a conferencias, recitais, mesa redondas, proxeccións de filmes, seminarios literarios, representacións teatrais, etc. e deberá realizar un breve resumo por escrito desta actividade.
Traballos tutelados O alumnado deberá realizar ao longo do curso un conxunto de breves traballos que se irán sinalando segundo se vaia desenvolvendo a dinámica da docencia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000