Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Seminario de literatura galega desde 1900 ata 1936
   Competencias
Código Descrición
C2 Identificar, comprender e apreciar as principais contribucións das literaturas do español (en España e en América) e do galego, con especial sensibilidade para as literaturas emparentadas, como son as que corresponden ás linguas neolatinas e en particular a portuguesa
C4 Coñecer os métodos básicos do estudo e análise lingüística e literario
C6 Argumentar os temas e os textos obxecto de estudo de acordo coas convencións académicas, achegando probas e servíndose dos recursos bibliográficos e electrónicos dispoñibles, especialmente dos orientados á investigación lingüística e literaria e á docencia das linguas impartidas no grao.
C8 Formular razoamentos críticos nos ámbitos de estudo lingüístico e literario a fin de adquirir métodos sólidos de análise, que transcendan a simple aproximación intuitiva ás linguas e aos textos obxecto de estudo.
C9 Planificar, estruturar e desenvolver ensaios escritos e presentacións orais en español e en galego, formulando hipóteses cunha metodoloxía apropiada para transmitir ideas eficaces, de acordo coas convencións académicas, e argumentando os razoamentos expostos.
C12 Posuír unha conciencia crítica ante mecanismos de exclusión e discriminación das mulleres na linguaxe
D2 Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou a súa vocación dunha forma profesional, e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
D3 Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar os datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre os temas destacados de índole social, científica ou ética.
D4 Que as/os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000