Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Panorama das literaturas lusófonas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos tutelados Avaliaranse un traballo escrito breve (con introdución, parte principal, conclusión e bibliografía, seguindo as normas de estilo e referenciación bibliográfica indicadas para o TFG). Un primeiro borrador enviarase ao profesor en formato Open Office ou Word na primeira semana de decembro. A entrega da versión definitiva realizarase na segunda semana de xaneiro de 2016. A cualificación deste traballo supón un 40% da nota final.
Ademais, cada estudante realizará unha exposición oral de aprox. 15 minutos sobre un tema acordado co profesor segundo as normas que se indicarán no inicio do curso. A cualificación da exposición oral supón un 20% da nota final.
60 A2
A3
A4
C1
C2
C4
C8
C9
C11
D2
D3
D4
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse entre unha ou varias probas parciais escritas sobre temas concretos ao longo do mes de novembro 2015. 20 A2
A3
A4
C1
C2
C4
C8
C9
C11
D2
D3
D4
Estudo de casos/análises de situacións Avaliaranse as contribucións ás análises específicas de textos literarios e pequenos exercicios realizados ao longo do curso, xunto coa participación nas aulas e demais actividades. 20 A2
A3
A4
C1
C2
C4
C8
C9
C11
D2
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As/Os estudantes deberán escoller a principio de curso ou un sistema de
avaliación continua (cf. supra) ou un sistema de avaliación única. Recoméndase optar
polo primeiro.

No caso da avaliación única hai que aprobar todos os procedementos avaliadores para poder calcular a media final. A copia ou o plaxio penalizarase cun suspenso (nota numérica: 0) na proba correspondente.

É obrigatorio consultar regularmente os espazos virtuais da materia na
plataforma TEMA
e no BLOG asociado.

A condición para ser avaliada/o de forma continua será a asistencia regular ás aulas.

Quen opte de forma directa pola
avaliación única será avaliada/o ao final do primeiro período das actas (convocatoria de xaneiro) da seguinte forma:

1. cun exame
escrito que abranguerá todos os contidos fundamentais
da materia;

2. cun exame
oral individual sobre temas
previamente acordados co profesor que será gravado.

Cada unha destas partes da avaliación única contará un 50% da nota final, sendo imprescindíbel realizar e aprobar ambas para aprobar a materia. A copia ou o plaxio penalizarase cun suspenso (nota numérica: 0) na proba correspondente.

Os mesmos criterios de avaliación aplicaranse no segundo período das actas (xullo).

Se non houber calendario de exames oficial, as datas dos diferentes exames acordaranse co profesor coa antelación
necesaria.

En todo caso, recoméndase a asistencia ás aulas e ás titorías e consultar
regularmente os espazos virtuais da materia na plataforma TEMA
e no BLOG asociado, mesmo
que non se siga o sistema de avaliación continua.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000