Guia docente 2014_15
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Panorama das literaturas lusófonas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Avaliaranse un traballo escrito breve (con introdución, parte principal, conclusión e bibliografía, seguindo as normas de estilo e referenciación bibliográfica indicadas polo profesor). Os primeiros borradores enviarase ao profesor en formato Open Office ou Word ao longo do período lectivo. A entrega da versión definitiva é o 8/1/2015. 40
Estudo de casos/análises de situacións Avaliaranse as contribucións ás análises específicas de textos literarios e pequenos exercicios realizados ao longo do curso. Ademais, cada estudante realizará unha exposición oral de aprox. 15 minutos sobre un tema acordado co profesor. 40
Observación sistemática Avaliarase a frecuencia e calidade da participación nas aulas e demais actividades. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As/Os estudantes deberán escoller a principio de curso ou un sistema de
avaliación continua (cf. supra) ou un sistema de avaliación única. Recoméndase optar
polo primeiro.

No caso da avaliación única hai que aprobar todos os procedementos avaliadores para poder calcular a media final. A copia ou o plaxio penalizarase cun suspenso (nota numérica: 0) na proba correspondente.

É obrigatorio consultar regularmente os espazos virtuais da materia na
plataforma TEMA
e no BLOG asociado.

A condición para ser avaliada/o de forma continua será a asistencia a un
80% das aulas, a non ser que haxa motivos xustificados para unha asistencia lixeiramente
inferior.

Quen opte de forma directa pola
avaliación única será avaliada/o ao final do primeiro período das actas (convocatoria de xaneiro) da seguinte forma:

1. cun exame
escrito que abranguerá todos os contidos fundamentais
da materia;

2. cun exame
oral individual sobre temas
previamente acordados co profesor que será gravado.

Cada unha destas partes da avaliación única contará un 50% da nota final, sendo imprescindíbel realizar e aprobar ambas para aprobar a materia. A copia ou o plaxio penalizarase cun suspenso (nota numérica: 0) na proba correspondente.

Os mesmos criterios de avaliación aplicaranse no segundo período das actas.

Se non houber calendario de exames oficial, as datas dos diferentes exames acordaranse co profesor coa antelación
necesaria.

En todo caso, recoméndase a asistencia ás aulas e ás titorías e consultar
regularmente os espazos virtuais da materia na plataforma TEMA
e no BLOG asociado, mesmo
que non se siga o sistema de avaliación continua.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000