Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Panorama das literaturas lusófonas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Organización interna da materia.
Información bibliográfica.
Introdución ás ferramentas dixitais.
Temas e organización dos traballos tutelados e doutros exercicios.

Sesión maxistral Os principais temas da materia serán introducidos a través dunha serie de exposicións maxistrais por parte do profesor en lingua portuguesa.
Traballos tutelados Cada estudante realiza ao longo do período lectivo un traballo de proxecto escrito, dirixido polo profesor, sobre un tema relacionado coa literatura e/ou cultura da lusofonía. Ademais, cada estudante realizará unha exposición oral de 15-20 minutos sobre un tema relacionado coa Lusofonía, cuxa preparación será dirixida polo profesor.
Eventos docentes e/ou divulgativos Asistencia a conferencias, filmes, seminarios, etc. relacionados cos contidos da materia.
Resolución de problemas e/ou exercicios O estudantado lerá textos de diferentes xéneros procedentes de ámbitos e épocas seleccionados da Lusofonía e terá que informarse sobre o seu contexto. Os textos serán comentados en grupo.
Estudo de casos/análises de situacións Realizarase unha serie de sesións dedicadas á análise pormenorizada de textos literarios e/ou outros aspectos culturais específicos da lusofonía.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000