Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Panorama das literaturas lusófonas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Organización interna da materia.
Información bibliográfica.
Introdución ás ferramentas dixitais.
Temas e organización dos traballos tutelados e doutros exercicios.

Sesión maxistral Os principais temas da materia serán introducidos a través dunha serie de exposicións maxistrais por parte do profesor en lingua portuguesa.
Traballos tutelados Cada estudante realiza ao longo do período lectivo un ou varios traballos de proxecto escritos, dirixidos polo profesor, sobre temas relacionados coa literatura e/ou cultura lusófonas.
Eventos docentes e/ou divulgativos Asistencia a conferencias, filmes, seminarios, etc. relacionados cos contidos da materia.
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado lerá textos de xéneros distintos procedentes de diferentes ámbitos e épocas da Lusofonía e terá que informarse sobre o seu contexto para que poidan ser comentados en grupo. Ademais, cada estudante realizará unha exposición oral de aprox. 15 minutos sobre un tema relacionado coa Lusofonía, cuxa preparación será dirixida polo profesor.
Estudo de casos/análises de situacións Realizarase unha serie de sesións dedicadas á análise pormenorizada de textos literarios e/ou outros aspectos culturais específicos da lusofonía.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000