1. Primeira edición das actas. Dúas modalidades de avaliación: a. A avaliación continua (a descrita máis arriba) que inclúe un exame teórico-práctico que se realizará na segunda semana de xaneiro (40% da nota). b. Á parte da avaliación continua, os alumnos teñen a posibilidade de optar polo sistema de avaliación única, consistente na elaboración dun traballo que se entregará na segunda semana de xaneiro (30% da nota) e na realización dun único exame teórico e práctico sobre todos os contidos da materia que se realizará en xaneiro, á volta das vacacións de Nadal (70% da nota). Obviamente, o alumnado deberá escoller unha das dúas opcións, que serán excluíntes entre si. Ao alumnado que opte polo sistema de avaliación continua recoméndaselle a asistencia regular ás aulas. 2. Segunda edición das actas (xullo): Os alumnos terán só opción á avaliación única, consistente na elaboración dun traballo (30% da nota) e na realización dun exame teórico sobre os contidos da materia (70% da nota). Importante: Sexa cal for a modalidade de avaliación e a convocatoria, é preciso participar en todas as probas propostas en cada caso. O alumnado que opte pola modalidade de avaliación única, en calquera das
dúas edicións das actas, deberá acordar o tema do seu traballo co
profesor con antelación suficiente (mínimo dous meses antes da data de
entrega). É responsabilidade do alumnado contactar co profesor para marcar o tema do traballo. |