Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Literatura medieval galega-portuguesa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudos/actividades previos Valolarase a lectura da bibliografía previa á exposición teórico-práctica dos temas. 15 D3
Estudo de casos/análises de situacións Valorarase a participación dos alumnos na resolución de exercicios e no comentario dos casos propostos na aula.
Valolarase a elaboración de pequenos ensaios a partir de lecturas breves, etc.
20 A2
A3
C4
C7
D3
D4
D5
Traballos tutelados Realización dun traballo escrito (8 folios) sobre un aspecto do temario. 25 C6
C8
C9
C13
D3
D4
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realización dun exame teórico-práctico na segunda semana de xaneiro. 40 C3
C4
C6
C8
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Primeira edición das actas. Dúas modalidades de avaliación:

a. A avaliación continua (a descrita máis arriba) que inclúe un exame teórico-práctico que se realizará na segunda semana de xaneiro (40% da nota).

b. Á parte da avaliación continua, os alumnos teñen a posibilidade de optar polo sistema de avaliación única, consistente  na elaboración dun traballo que se entregará na segunda semana de xaneiro (30% da nota) e na realización dun único exame teórico e práctico sobre todos os contidos da materia que se realizará en xaneiro, á volta das vacacións de Nadal (70% da nota).

Obviamente, o alumnado deberá escoller unha das dúas opcións, que serán excluíntes entre si.

Ao alumnado que opte polo sistema de avaliación continua recoméndaselle a asistencia regular ás aulas.

2. Segunda edición das actas (xullo):

Os alumnos terán só opción á avaliación única, consistente na elaboración dun traballo (30% da nota) e na realización dun exame teórico sobre os contidos da materia (70% da nota).

Importante: Sexa cal for a modalidade de avaliación e a convocatoria, é preciso participar en todas as probas propostas en cada caso.

O alumnado que opte pola modalidade de avaliación única, en calquera das
dúas edicións das actas, deberá acordar o tema do seu traballo co
profesor con antelación  suficiente (mínimo dous meses antes da data de
entrega). É responsabilidade do alumnado contactar co profesor para marcar o tema do traballo.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000