Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Literatura medieval galega-portuguesa
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudos/actividades previos Lectura de bibliografía sobre o contexto político, económico e social en que tivo lugar a produción literaria medieval, e realización dun esquema coas ideas principais.
Elaboración de pequenos ensaios a partir de lecturas breves, etc.
10
Estudo de casos/análises de situacións Valorarase a participación dos alumnos na resolución de exercicios e no comentario dos casos propostos na aula. 25
Traballos tutelados Realización dun traballo escrito (8 folios) sobre un aspecto do temario. 25
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realización dun exame teórico-práctico na segunda semana de xaneiro. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Primeira edición das actas. Dúas modalidades de avaliación:

a. A avaliación continua (a descrita máis arriba) máis un exame teórico-práctico que se realizará na segunda semana de xaneiro (40% da nota).

b. Á parte da avaliación continua, os alumnos teñen a posibilidade de optar polo sistema de avaliación única, consistente  na elaboración dun traballo que se entregará na segunda semana de xaneiro (30% da nota) e na realización dun único exame teórico e práctico sobre todos os contidos da materia que se realizará na primeira semana de xaneiro (70% da nota).

Obviamente deberán escoller unha das dúas opcións, que serán excluíntes entre si.

Para poder optar á avaliación continua é preciso cumprir co requisito de asistencia ás aulas nun 80%.

2. Segunda edición das actas (xullo):

Os alumnos terán só opción á avaliación única, consistente na elaboración dun traballo (30% da nota) e na realización dun exame teórico sobre os contidos da materia (70% da nota).

Importante: Sexa cal for a modalidade de avaliación e a convocatoria, é preciso participar en todas as probas propostas en cada caso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000