1. Primeira edición das actas. Dúas modalidades de avaliación: a. A avaliación continua (descrita máis arriba). b. Á parte da avaliación continua, os alumnos teñen a posibilidade de optar polo sistema de avaliación única, consistente na elaboración dun traballo que se entregará na última semana do curso (30% da nota) e na realización dun único exame teórico e práctico sobre todos os contidos da materia que se realizará na última semana do curso (70% da nota). Obviamente deberán escoller unha das dúas opcións, que serán excluíntes entre si. Para poder optar á avaliación continua é preciso cumprir co requisito de asistencia ás aulas nun 80%. 2. Segunda edición das actas (xullo): Os alumnos terán só opción á avaliación única, consistente na elaboración dun traballo (30% da nota) e na realización dun exame teórico sobre os contidos da materia (70% da nota). Importante: Sexa cal for a modalidade de avaliación e a convocatoria, é preciso participar en todas as probas propostas en cada caso. |