Estudo de casos/análises de situacións |
Valorarase a participación dos alumnos na resolución de exercicios e no comentario dos casos propostos na aula. |
15 |
Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Realización dun exame sobre cuestións teóricas e prácticas de todos os contidos vistos ao longo do curso. |
50 |
1. Primeira convocatoria: Á parte da avaliación continua, os alumnos teñen a posibilidade de optar polo sistema de avaliación única, consistente nun único exame teórico e práctico sobre todos os contidos da materia. Obviamente deberán escoller unha das dúas opcións, que serán excluíntes entre si. Para poder optar á avaliación continua é preciso cumprir co requisito de asistencia ás aulas nun 80%. 2. Segunda convocatoria: Os alumnos terán só opción á avaliación única, consistente na elaboración dun traballo (30% da nota) e na realización dun exame teórico sobre os contidos da materia (70% da nota). 3. Período extraordinario de cualificación: Haberá unha única proba de avaliación consistente na realización dun exame teórico sobre os contidos da materia e que significará o 100% da nota. Importante: Sexa cal for a modalidade de avaliación e a convocatoria, é preciso participar en todas as probas propostas en cada caso. |