Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Literatura medieval galega-portuguesa
   Resultados de aprendizaxe
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
Coñecer as claves históricas, socioculturais, políticas, etc. que constituíron o contexto de produción da literatura medieval. A3
C3
D3
Saber valorar na súa xusta medida a importancia da cultura popular e da cultura intelectual, así como da interrelación entre ambas, na literatura medieval. Familiarizarse cos mecanismos de difusión da cultura na Idade Media. C6
C8
C9
D3
D4
Coñecer as obras fundamentais da literatura medieval galega e portuguesa nos seus diferentes rexistros ou xéneros. Saber identificar as concomitancias destas obras coas doutras tradicións literarias europeas, así como saber identificar e valorar as particularidades formais e conceptuais específicas de cada obra, en relación co marco literario románico en que se encadran. C3
C4
C6
D3
D5
Saber percibir a evolución estética e/ou ideolóxica dalgunhas manifestacións literarias ao longo da Idade Media. C3
C6
C7
D3
Coñecer e saber empregar en análises de casos concretos, os conceptos, a terminoloxía e as metodoloxías deste ámbito de estudo. A2
A3
C3
C4
C6
C8
C9
C13
D4
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000