Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Fonética e fonoloxía do español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudos/actividades previos O resumo acompañado dun comentario das lecturas obrigatorias. Realización dos exercicios prácticos que mandará o profesor para realizar de forma autónoma. 45
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Consiste nun exame final que será cualificado sobre 10 puntos. Na parte teórica, o alumno deberá demostrar o seu coñecemento dos conceptos máis relevantes:
1. Definición dunha serie de conceptos relacionados coa contidos clave da materia.
2. Desenvolvemento teórico dalgunhas cuestións conceptualmente complexas.
3. Definición dos sons do español.
4. Descrición articulatoria destes.
5. Transcrición fonética e fonolóxica (AFI e RFE) dos textos.
45
Resolución de problemas e/ou exercicios Esixirase a presenza do alumnado nas clases prácticas que se realizarán na aula. Tanto esta, como a participación do alumnado na realización dos problemas, serán avaliados 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado que desexe acollerse á avaliación continua ECTS deberán asistir polo menos ao 80% das clases presenciais -teóricas e prácticas-. Para superar a materia, deberán realizar todos os exercicios e o exame estipulados pola profesora. As prácticas propostas terán que ser entregadas na data establecida. Fóra deste prazo non serán admitidos.

No caso de que non poidan asistir por causas xustificadas deberán falar coa profesora durante os 15 primeiros días do curso.

O alumnado extranxeiro de intercambio (Erasmus, Sócrates...) seguirá os mesmos sistemas de avaliación que o alumnado propio.

Tanto nas actividades que se realicen como no exame penalizaranse as faltas de ortografía.

Realizaranse dous exames teóricos. O primero farase a finais de outubro: 23, 24, 25; o segundo a primeiros de xaneiro: 8, 9, 10. Estas datas serán acordadas polo alumnado e a profesora.

O alumnado que non cumpra os requisitos de avaliación continua, que opte pola avaliación única e na 2ª edición de actas, realizará un único exame nas datas oficiaia establecidas por la Facultade (xullo). Este consistirá nun exame sobre a materia dada e presentada no programa da asignatura.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000